Wednesday 15 de May de 2024

O Plan de Transporte Metropolitano bonifica en 2019 un total de 7,02 millóns de viaxes en autobús na área da Coruña e rexistra un 8,54% máis de usuarios que en 2018


O Plan segue a sumar usuarios nesta área, onde no ano 2019 están activadas 144.087 tarxetas TMG
O Plan de transporte metropolitano de Galicia permitiu bonificar no ano 2019 7,.02 millóns de viaxes na área da Coruña e rexistrou un 8,54% máis de usuarios que no ano anterior.

O transporte metropolitano nesta área segue así a sumar usuarios e acada 144.087 tarxetas TMG en vigor.

En canto aos núcleos de poboación que rexistran máis dispositivos con viaxes bonificados, o Concello da Coruña se sitúa en primeiro lugar con 45.916 tarxetas de transporte metropolitano, seguido de Culleredo e Oleiros, superando ambos a cifra de máis de 19.500 tarxetas TMG.

Por orde de número de dispositivos lle seguen Cambre, Arteixo, Sada e Betanzos, con 15.491, 14.179, 7.816 e 67.168. Os concellos de Carballo e Carral superan os 3.300 e os 2.500 dispositivos, respectivamente, e seguen a senda de crecemento de usuarios beneficiados polas viaxes bonificados.

Tarxeta Xente Nova
No balance da evolución do transporte metropolitano cabe salientar tamén os 740.884 viaxes en autobús realizadas polos usuarios das 18.716 tarxetas Xente Nova activas, que permitiron aos menores de 19 anos viaxar de xeito gratuíto nos autobuses metropolitanos.

Os mozos que máis viaxes gratuítos realizaron coa tarxeta Xente Nova proceden dos municipios da Coruña, con 4.417 dispositivos e Oleiros, con 2.783, aos que lle seguen os mozos e mozas de Culleredo, Arteixo, Cambre e Sada con 2.464, 2.168, 1.088 e 978.

Cómpre lembrar que a Xunta ampliou este mes ata os 21 anos o límite de idade dos beneficiarios da gratuidade do autobús interurbano, que se estenderá a toda a comunidade para fomentar o uso do transporte público e axudar á economía das familias.

Plan social de transporte
O Plan de Transporte Metropolitano é un programa social impulsado pola Xunta que persegue fomentar o uso do transporte publico colectivo ao tempo que axuda, de xeito importante, á economía das familias.

Este plan, que mediante o uso da Tarxeta de Transporte Metropolitano permite importantes descontos, achegando a Xunta de Galicia o 80% do financiamento desas bonificacións no prezo do billete e o conxunto dos concellos o 20% restante.

Bonificacións e incentivos
Cos novos contratos do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia as vantaxes do transporte metropolitano se estenderá a toda a provincia, con descontos medios do 50% nas viaxes ou bonificacións adicionais do 15% para usuarios recorrentes e aínda máis se se trata de familias numerosas.

A Xunta, a través do novo plan, activa tamén nos novos contratos bonos mensuais de 50 viaxes e que supoñen rebaixas de ata o 50% no prezo do billete. Neste sentido, existe, polo tanto, un amplo abano de descontos e bonificacións no transporte público.